Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xulgado rexeita incoar o procedemento pola Lei do Xurado no caso Déborah

O xulgado rexeita incoar o procedemento pola Lei do Xurado no caso Déborah

A xuíza nega así a solicitude dos avogados da familia da moza, á que se opuxo a representación do investigado

G24.gal 21/06/2022 08:10

O xulgado de instrución n.º 2 de Tui rexeita polo momento transformar a causa pola investigación da desaparición e morte de Déborah Fernández nun procedemento para un xuízo por tribunal do xurado.

A xuíza nega así a solicitude dos avogados da familia da moza, á que se opuxo a representación do investigado. 

Nun auto recente, a instrutora tamén rexeitou abrir unha peza separada sobre a manipulación do disco duro do ordenador de Déborah e a súa cadea de custodia ata ter o contrainforme da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade