Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xurado declara culpable o acusado polo dobre crime de Soutomaior

O xurado declara culpable o acusado polo dobre crime de Soutomaior

Declárao culpable tanto dos dous asasinatos como da tenza ilícita de armas

A voceira do tribunal popular leu o veredicto tras unhas 5 horas de deliberación

G24.gal 12/05/2022 19:38

O tribunal de xurado constituído na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, declarouno culpable por unanimidade de dous delitos de asasinato e un de tenza ilícita de armas.

Lembramos que disparou cunha pistola e matou a súa irmá Genoveva, de 62 anos de idade, e a súa sobriña Noelia, de 26 anos, o día 21 de agosto de 2020 no municipio de Soutomaior.

A voceira do tribunal popular leu o veredicto tras unhass 5 horas de deliberación. Estiman acreditada a agravante de parentesco con respecto ao asasinato da súa irmá.

O xurado desbotou por maioría a atenuante de confesión proposta pola Fiscalía, ao entender que o acusado confesou o crime porque "no lle quedou outro remedio", xa que as probas contra el eran evidentes.

E puntualizaron que non colaborou coa Garda Civil desde o principio, porque agochou a arma e tamén hai probas de que alterou a escena do crime.

Tamén rexeitaron o argumento da defensa de que actuou en lexítima defensa por un medo insuperable, porque quedou probado que, pese a ter rasgos de personalidade antisocial e paranoide, non estaba incapacitado para coñecer os seus actos e as súas consecuencias.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade