Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os accesos ao novo Complexo Hospitalario da Coruña licitaranse en xuño

Os accesos ao novo Complexo Hospitalario da Coruña licitaranse en xuño

A Xunta convida os enxeñeiros de Camiños a achegar propostas

G24.gal 08/05/2023 14:34

En xuño está previsto que se liciten as obras dos accesos do que será o novo hospital da Coruña, e que para a Xunta son un dos puntos clave do proxecto. 

O novo hospital aspira a converterse non só nunha referencia dende o punto de vista sanitario, senón tamén en materia de mobilidade, porque é un proxecto complexo dende o punto de vista técnico, xa que haberá que traballar en zonas con pendentes moi complicadas, nunha zona moi urbanizada que soporta un tráfico diario de case 20.000 vehículos, e todo isto garantindo o normal funcionamento do hospital.

En xuño está previsto que se liciten os accesos, buscando solucións pioneiras que ao tempo tamén sirvan para acurtar prazos. Foi o que lles transmitiu a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade aos enxeñeiros de camiños cos que mantivo un encontro de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade