Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escolares de Ourense participan nun obradoiro sobre plantas exóticas invasoras

Escolares de Ourense participan nun obradoiro sobre plantas exóticas invasoras

O alumnado aprendeu que para erradicalas cómpre saber como se reproduce cada invasora, para non favorecer que se sigan espallando

G24.gal 07/10/2024 13:55

Atentos á explicación da educadora ambiental, nenos e nenas de primaria do colexio Curros Enríquez de Ourense aprenden a identificar cales son as plantas invasoras.

A mimosa e o eucalipto son as máis recoñecidas por todos, foráneas e, a maiores, pirófitas.
Pero hai moitas máis invasoras.

A cala, por exemplo, tan estendida en ornamentación, que ademais de alóctona é tóxica, non vale de nada cortala se deixamos os bulbos. Son os superpoderes das invasoras.

Por iso para erradicala é importante saber como se reproduce cada invasora, para non favorecer que se siga espallando.

Cun xogo puxeron a proba os seus coñecementos e parece que este obradoiro deu froitos, iso si, autóctonos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade