Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ocupas desaloxados en Lugo instálanse noutra vivenda do mesmo edificio

Ocupas desaloxados en Lugo instálanse noutra vivenda do mesmo edificio

Estiveron máis de dous anos sen pagar alugueiro, luz e gas

Baixaron do quinto ao terceiro andar, mesmo levando o televisor e varios mobles

G24.gal 20/05/2024 14:22

O fenómeno ocupa castiga de novo o barrio lugués do Sagrado Corazón. Desta volta o caso indigna aínda máis os veciños, xa que os ocupas só se esforzaron en baixar dous andares do mesmo edificio. Deixaron o quinto por orde xudicial e xa están instalados ilegalmente no terceiro.

Semella que elixen sempre obxectivos doados. Os veciños non entenden como pode haber tantas ocupacións. Algúns viven con certa resignación e mesmo con medo polo que poida acontecer, polo que reclaman solucións.

Neste caso, ademais de non cobrar o alugueiro durante máis de dous anos, a propietaria tivo que facer fronte a todos os gastos de luz e gas, e mesmo viu como lle levaban o televisor, mobles e diversos obxectos persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade