Oito comunidades, especialmente afectadas pola nova cepa
Oito comunidades, especialmente afectadas pola nova cepa
A maior parte de Cataluña pasou a segunda noite con toque de queda
A covid 19 non respecta festas, tampouco as de Nadal, nas que España conta con oito comunidades autónomas superando o número de contaxios nun único día. Estas comunidades especialmente afectadas son as de Andalucía , Madrid, Cataluña, Navarra, Asturias, Aragón, Baleares e Canarias.
Sen incidencias en Cataluña
A obrigatoriedade estatal do uso das máscaras, respectada de xeito moi desigual, convive coas restriccións en comunidades como Cataluña, onde os máis de 17.000 contaxios diarios e as 16.000 mortes polo virus forzaron ás autoridades a decretar o toque de queda nos 125 concellos de máis de dez mil habitantes. A segunda noite deste toque de queda transcurriu sen incidentes.
En Madrid, con máis de catorce mil contaxios rexistrados nas últimas 24 horas, e superando tamén os dezaseis mil mortos desde o comezo da pandemia, decidiron restrinxir o número de persoas que poderán estar na Porta do Sol durante as tradicionais uvas de fin de ano.
Asturias pecha os locais de ocio nocturno
Afectada está tamén Andalucía, con 10.300 contaxios nas últimas 24 horas e mais de once mil mortos desde a aparición da covid, e onde os laboratorios admiten que están superados polo numero de análises que teñen que realizar pola variante ómicron do virus.
Outra comunidade máis próxima, a de Asturias, dedidiu pechar os locais de ocio nocturno a partir do próximo martes, polo que a xente está adiantando as festas de fin de ano.