Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oito detidos ao desartellar unha rede internacional de tráfico de drogas asentada en Madrid

Oito detidos ao desartellar unha rede internacional de tráfico de drogas asentada en Madrid

A organización criminal operaba a través dunha empresa de paquetería

Os axentes realizaron sete rexistros en domicilios de Madrid, Leganés e Humanes

G24.gal 30/09/2023 11:19 Última actualización 30/09/2023 11:36

A Policía Nacional detivo oito persoas ao desartellar unha organización criminal internacional asentada en Madrid, que se dedicaba ao tráfico de droga a través de empresas de paquetería.

Os axentes realizaron sete rexistros en domicilios de Madrid, Leganés e Humanes. A través da investigación relacionouse á rede desmantelada co envío de 150 quilos de marihuana a Irlanda, Países Baixos e Finlandia, 1,5 quilos dunha mestura de café con ketamina, MDMA e metanfetamina a Duba, e 2,4 quilos de ketamina a México.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade