Oito voos afectados en Santiago na segunda xornada de folga en Ryanair
Oito voos afectados en Santiago na segunda xornada de folga en Ryanair
Seis voos sufriron atrasos e dous con saída e chegada en Santiago e Marsella canceláronse
En toda España o paro dos tripulantes de cabina causou problemas en 15 voos de oito aeroportos
Segundo día da folga en toda España da tripulación de cabina da aeroliña Ryanair, e xa se empezaron a notar os atrasos nalgúns voos en aeroportos como o da Lavacolla, en Santiago de Compostela. A media mañá moitos viaxeiros que tiñan como destino Málaga viron como o seu voo sufría unha demora de dúas horas.
Segundo fontes sindicais, no aeroporto compostelán tamén se viron afectados os traxectos con Tenerife, Fuerteventura, Lanzarote e Alacante, e mesmo houbo a cancelación dun voo a Marsella. Aínda así, dende o persoal da compañía irlandesa denunciaban uns servizos mínimos abusivos.
A primeira hora da mañá a situación era un pouco máis tranquila e os pasaxeiros aseguraban que os traxectos discorreran con normalidade.
Dende Ryanair minimizan os efectos da folga mentres os traballadores continúan mantendo as súas reivindicacións.
Os sindicatos USO e SITCPLA manteñen a convocatoria de folga para o domingo na que, só no aeroporto da Lavacolla, están programados 34 voos da compañía de baixo custo.