Olleros, do restaurante Culler de Pau do Grove, candidato a Mellor Cociñeiro do Mundo
Olleros, do restaurante Culler de Pau do Grove, candidato a Mellor Cociñeiro do Mundo
É o único en Galicia con 2 estrelas Michelin e 3 soles Repsol
O mar, o respecto ao produto e a cociña de proximidade son os seus selos
O cociñeiro galego Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau, no Grove, figura na lista dos 100 candidatos ao premio The Best Chef Awards, certame que recoñece o labor individual dos cociñeiros como figuras inspiradoras e axentes de cambio na gastronomía.
Olleros, primeiro e único cociñeiro galego con 2 estrelas Michelin e 3 soles Repsol, é candidato ao galardón que o ano pasado conseguira Dabid Muñoz, de DiverXo.
O cociñeiro asegura que o seu referente é o seu pais que lle ensinou todo sobre o oficio, a disciplina e o afán por mellorar cada día, a busca da excelencia, o compromiso e a paixón.
Oficio, compromiso e paixón a partes iguais constitúen para Olleros a filosofía de Culler de Pau xunto á cociña de proximidade, natural, sen fundamentalismos, con raíces, produtos da contorna e influencias do mundo.
Di que na súa cociña o sabor é o básico, co absoluto respecto ao produto, e sempre o mar, a base da súa inspiración.