Publicador de contidos
Publicador de contidos

Omenuke Mfulu é novo xogador do R. C. Deportivo

Omenuke Mfulu é novo xogador do R. C. Deportivo

O Dépor refórzase coa chegada do pivote congolés

Internacional coa súa selección, procede da U. D. As Palmas 

G24.gal 05/08/2024 19:25

O R. C. Deportivo continúa a reforzar o seu equipo de cara á vindeira tempada. O cadro coruñés incorpora a Omenuke Mfulu, procedente da U. D. As Palmas.

O pivote congolés, nado en Francia, chegou ao conxunto canario hai 3 anos. Mfulu disputou con eles dúas tempadas na Liga Hypermotion e unha na elite do fútbol español. Tras o ascenso do equipo insular, foi perdendo protagonismo e agora o Dépor conta con el para achegarlle potencia ao mediocampo.

Internacional coa súa selección e formado no Strasbourg francés, chega á Coruña coa intención de axudar ao Deportivo na súa volta ao fútbol profesional. Trátase da oitava fichaxe dos herculinos para esta tempada, que gañan poderío físico con Mfulu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos