Publicador de contidos
Publicador de contidos

Profesionais da oncoloxía debaterán en Santiago os avances da biopsia líquida

Profesionais da oncoloxía debaterán en Santiago os avances da biopsia líquida

Razóns económicas e culturais dificultan os avances desta técnica na prevención do cancro

O IX Simposio Biopsia Líquida celébrase en Compostela dende o 25 ata o 27 de xaneiro

O xefe de Oncoloxía do CHUS coordina o IX Simposio Biopsia Líquida
G24.gal 21/01/2024 13:55 Última actualización 21/01/2024 14:35

A técnica coñecida como biopsia líquida permite, cunha análise de sangue, a detección precoz de moitos tumores e a posibilidade de que se reproduzan. 

España en xeral, e Galicia en particular, foron pioneiras no estudo e aplicación desta moderna técnica de oncoloxía de precisión. Porén, estase desaproveitando en gran medida por motivos económicos, pero tamén culturais, segundo reiterou no programa Bos días o xefe de oncoloxía do Hospital Clínico de Santiago.

"Estase aplicando nas situacións de enfermidade avanzada, cando hai metástase, e axúdanos a seleccionar cal é o mellor tratamento para o doente. Hai outros dous grandes campos, un deles en situación experimental, que é a detección precoz, na que estamos avanzando moito pero á que lle faltan uns anos para poder aplicala na práctica clínica. E hai un campo intermedio, que é o que os lle chamamos enfermidade mínima residual, que é para saber se o doente necesita máis ou menos tratamento, ou determinar o prognóstico", sinalou Rafael López.

Profesionais de toda España reuniranse en Santiago dende o xoves 25 e ata o sábado 27 para debater sobre o estado da biopsia líquida na clínica hospitalaria en xeral, e da aplicación desta técnica a tumores coma os de pulmón, mama ou xenitourinarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade