A onde viaxaremos os galegos este verán?
A onde viaxaremos os galegos este verán?
O turismo empeza a equipararse ao nivel que había antes da pandemia
Chega o mes de xullo e semella que hai moitas ganas de viaxar.
Nas axencias de viaxes afirman que a temporada está a ser moi boa e que hai unha gran demanda de todo tipo tipo de destinos, dende as viaxes por España e Europa ata os lugares máis afastados.
E é que son moitos os que non perdoan unha escapadiña polo verán e xa teñen a viaxe organizada dende hai tempo.
Desde as axencias de viaxes sinalan que o turismo empeza a equipararse ao nivel que había en 2019.
"A xente como estivo encerrada dous anos ten unhas ganas de viaxar tremendas. Houbo unha grande avalancha de viaxes, estamos moi contentos", di Begoña Raposo, do Club de viaxes Galitur.
Os profesionais mesmo prevén que para agosto o número de viaxeiros aumente.