Publicador de contidos
Publicador de contidos

Organizacións rurais de toda España crean a plataforma SOS Rural

Organizacións rurais de toda España crean a plataforma SOS Rural

Nace coa convocatoria dunha manifestación en Madrid en defensa do campo o próximo 14 de maio

G24.gal 12/04/2023 13:59

O campo anuncia que sairá á rúa, en Madrid, o próximo 14 de maio. A manifestación está convocada por SOS Medio Rural. Unha plataforma que reúne centos de organizacións rurais de toda España, tamén galegas. Nace co obxectivo de poñer en valor a actividade produtiva e social do campo. Piden políticas activas, que garantan o seu futuro. 

O galego Francisco Chan é membro da xunta directiva de Alma Rural :

"O rural que se está abandonando só vai traer a desertización, o deserto verde, porque xa non haberá usos tradicionais, que son os que temos que garantir. Se o rural non produce, a cidade non vai comer, e iso temos que evitalo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade