Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os accesos á ermida da Guía, en Vigo, seguen valados dous anos despois

Os accesos á ermida da Guía, en Vigo, seguen valados dous anos despois

Os veciños da parroquia de Teis non apreciaron avances nin estudos neste tempo

G24.gal 02/08/2024 13:58

Os accesos á ermida da Guía levan parcialmente pechados desde hai dous anos cando se detectaron deficiencias no paseo aéreo que a rodea. Neste tempo os responsables da Asociación de Veciños de Teis non percibiron avances nin estudos para reparalo. O bus turístico xa non para alí, e tampouco aparece nalgúns mapas turísticos cando antes era un gran reclamo e un dos máis importantes miradoiros urbanos de Vigo.

Os veciños denuncian o desleixo porque as árbores de fóra e o mato limitan as impresionantes vistas cara á cidade que agora xa só se poden ver se subimos á torre da capela, que abre polas tardes.

Moitos turistas xa non soben e se o fan volven baixar. Tamén se está a prexudicar a actividade do templo, xa que segundo o seu capelán podería facer moitas máis actividades de estar o paseo amañado.

Desde a Asociación de Veciños de Teis consideran necesario que se poñan en valor os recentes achados arqueolóxicos, que se faga un parque infantil e que se dote a zona de aseos e  cafetería.

O gran parque da Guía é o único de Vigo que conta con litoral e ten a súa propia praia e faro que se poderían conectar cun paseo coa zona de lecer da ETEA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade