Publicador de contidos
Publicador de contidos

O plan especial de tráfico non evita o colapso dos accesos a Conxemar

O plan especial de tráfico non evita o colapso dos accesos a Conxemar

Todas as vías de acceso ao recinto feiral víronse afectadas

Un accidente múltiple na AP-9 con cinco vehículos implicados complicou aínda máis a circulación

G24.gal 04/10/2023 14:11 Última actualización 04/10/2023 14:21

Segunda xornada de feira e segundo día en que os condutores volveron ter dificultades para chegar ata o Ifevi. 

Os máis previsores, os que foron con moito tempo, tiveron menos problemas. Pero a partir das nove da mañá o tráfico deixou de ser fluído e comezaron as retencións. 

Un accidente múltiple na AP-9 con cinco vehículos implicados e dous feridos complicou aínda máis a circulación.

Neste punto, na saída da AP-9 o plan especial de tráfico habilitou máis carrís en dirección ao Ifevi, pero non foi suficiente para evitar as retencións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade