Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vítima do crime do barrio das Flores di que lle pegaron cun machete e temeu pola súa vida

A vítima do crime do barrio das Flores di que lle pegaron cun machete e temeu pola súa vida

Os acusados de intentar asasinar un home e roubarlle na súa casa da Coruña enfróntanse a 16 e 19 anos de cadea

As defensas piden a libre absolución. O xuízo rematará mañá.

G24.gal 24/10/2023 14:50

"Estaba de xeonllos no meu abdome, pediulle a Quique o machete e comezou a darme na cabeza con el e dixo: 'Dáme a droga e o diñeiro".

Así explicou o agredido, que ten unha minusvalía do 84 por cento e graves problemas de mobilidade, como o atacaron na súa vivenda do barrio das Flores, na madrugada do 23 de maio do ano pasado. Porén un dos procesados declarou que non lembraba nada do acontecido. O outro acusouno de acoitelar a vítima.

"Zarandeouno e tirouno ao chan. Colleu o coitelo de montaña e é cando o acoitela. Non sei se o acoitelou unha vez ou dúas, porque a única luz que había era a da televisión".

Dixo tamén que non intentara evitar a agresión porque, horas antes, o outro investigado xa acoitelara a súa parella por non lle contar unha suposta infidelidade da súa moza coa vítima.

Segundo a Fiscalía, a morte do agredido non se produciu grazas á intervención dos axentes da Policía Nacional. Cualifica os feitos de delito de asasinato intentado, con aleivosía, e outro de roubo con violencia en casa habitada. 

Pide para o que golpeou a vítima un total de 19 anos e 3 meses de prisión. Para o outro, 16 anos e 3 meses de cadea. As defensas solicitan a libre absolución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade