Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os aeroportos e estacións rexistran maior actividade que hai un ano

Os aeroportos e estacións rexistran maior actividade que hai un ano

G24.gal 09/04/2022 21:14

 Tras dous anos nos que a pandemia condicionou todas as vacacións o movemento de pasaxeiros na estación intermodal de Santiago foi continuo nesta xornada. 

Traballadores e estudantes que volven á casa comparten tren cos turistas e peregrinos que visitan Galicia estes días.

Nesta primeira Semana Santa sen restricións e cos con novos servizos do AVE e do Alvia  en funcionamento, Renfe pon á venda máis de 57 mil prazas entre Galicia e Madrid. Supón algo máis de 2.600 billetes extras nestas datas.

Cambio de tendencia tamén nos aeroportos. Dende onte e ata o luns de Pascua, máis de 57 mil voos operarán en España. Son o triplo das conexións que houbo o ano pasado e quedan algo por baixo das conexións de 2019, cando aínda non comezara a pandemia

Nesta ocasíón, a diferenza dos anos anterirores os voos internacionais van superar os nacionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade