Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os aeroportos galegos operarán máis de 650 voos ata o domingo

Os aeroportos galegos operarán máis de 650 voos ata o domingo

O Rosalía de Castro, na Lavacolla, é o que terá máis movemento de viaxeiros, con 400 voos programados na ponte

G24.gal 15/08/2024 10:54 Última actualización 15/08/2024 14:57

Se por estrada esta é a ponte con máis desprazamentos do ano, tamén nos aeroportos é hoxe un dos días con máis voos programados. Tan só no de Santiago hai programadas 77 operacións neste 15 de agosto, 400 ata o domingo. 

Peinador, en Vigo, ten programados 137 voos nesta ponte e Alvedro, na Coruña, 117.

Entre os destinos máis demandados están os de sol e praia, Levante, Baleares ou Canarias, pero tamén capitais europeas, como París, Londres ou Frankfurt.

Tamén hai moita trasfega nos aeroportos do resto de España. En toda a ponte hai programados máis de 34.000 voos, 6.700 deles para este xoves festivo. Os que máis actividade teñen son o de Baraxas, en Madrid, e o do Prat en Barcelona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade