Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soben a 137 os afectados polo gromo de tose ferina en Guadalaxara

Soben a 137 os afectados polo gromo de tose ferina en Guadalaxara

Non hai hospitalizados. Nove son adultos, o resto nenos de entre cinco e trece anos 

Os médicos lembran a importancia da vacina porque pode a infección poñer en risco a vida de lactantes

G24.gal 02/02/2024 14:48

Desde os primeiros casos detectados en decembro, as autoridades sanitarias de Castela-A Mancha levan diagnosticados 137 afectados polo gromo de tose ferina xurdido fundamentalmente no ámbito escolar. Nove son adultos. O resto, nenos de entre cinco e trece anos. 

A directora xeral de Saúde Pública en Castela-A Mancha, Laura Ruiz explica que "son os casos acumulados durante todo o gromo. Están identificando os contactos. E iso fai que poidamos detectar precozmente os casos e non son graves".

A tose ferina é unha infección das vías respitatorias provocada por unha bacteria. Comeza como un catarro común e deriva nunha tose moi seca e constante. O contaxio prodúcese polo aire, ao estar preto dun infectado que tusa ou esbirre.

"É unha enfermidade que segue estando presente. Seguimos vendo casos. Aínda que é certo que, pola vacinación, que é o xeito de previr esta enfermidade, os casos na nosa comunidade nestes momentos son illados", di Lorenzo Redondo, pediatra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Pode infectar a calquera pero os acabados de nacer son os máis expostos porque non teñen todas as defensas e corren máis riscos  "Debido ao cadro de dificultade respiratorio que provoca. E fai que as veces teñan que ingresar na UCI para apoiar e que non fracasen respiratoriamente", asegura Lorenzo Redondo.

O pediatra engade que a mellor prevención é a vacinación. Prioritaria nas embarazadas "a protección das embrazadas transmite esa protección ao bebé mentres non lle poidamos poñer as vacinas, que se inician aos dous meses de idade". No caso de Guadalaxara, non hai hospitalizados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade