A familia de Déborah pide un acareo entre os peritos polo exame do ordenador
A familia de Déborah pide un acareo entre os peritos polo exame do ordenador
Os avogados sosteñen que a Garda Civil emitiu o informe sen acceder ao seu disco duro
Os avogados da familia de Déborah van pedir no xulgado de Tui unha pericial contraditoria entre os tres peritos que analizaron o ordenador da moza. Unha especie de acareo entre os tres, diante da maxistrada.
Fano tras o informe da Garda Civil que, malia a súa ambigüidade, conclúe que o ordenador non foi manipulado. Os técnicos que elaboraron o informe non accederon ao disco duro do dispositivo, segundo apuntou este sábado o avogado da familia.
Ramón Pérez Amoedo tamén apunta que hai un 33 % de posibilidades, segundo a súa estimación, de que o dispositivo fose manipulado cando estaba custodiado pola Garda Civil.
O vindeiro xoves prestará declaración telemática o perito forense Aitor Curiel, que fixo un duro informe que confirma que a morte de Déborah foi un asasinato, o que ratificaría a etioloxía homicida que se volvía cuestionar o mes pasado.
Os avogados da familia non desbotan que o imputado ou a xuíza volvan pedir un contrainforme seguindo a dinámica do caso.
Ramón Pérez Amoedo sempre apostou porque se investigasen en dúas pezas separadas a morte da moza, e a suposta perda ou manipulación de probas. Ás veces dálles a sensación de que neste proceso se está a facer tempo ou a facer un lavado de conciencia.