Os balnearios do Miño en Ourense chegan ao 100 % de ocupación na ponte
Os balnearios do Miño en Ourense chegan ao 100 % de ocupación na ponte
O tempo solleiro favorece a chegada de visitantes
Saúde e descanso son as principais motivacións
A chegada de clientes os balnearios da provincia de Ourense, coma o de Laias, en Cenlle, é continua dende este xoves.
O nivel de ocupación é xa do 100 % e estanse rexeitando solicitudes pola elevada afluencia.
Esta situación pode sorprender nesta época do ano pero xa hai tempo que os balnearios son unha opción para calquera día e mes.
"Temos un 100 % de ocupación en todos os establecementos. Xa se agardaba que fose así", explica Diego Atapuerca, do balneario de Laias
E é que hai quen prefire fuxir do Samaín, dos disfraces ou das visitas os cemiterios e prefire aproveitar estes días para coidarse e descansar.
Ademais, o tempo solleiro e caloroso permite gozar de actividades ao aire libre máis propias do verán. O público que acode é do máis variado en canto a idade e procedencia.
"Unha forma diferente de celebrar o Samaín e descansar".
"Vin sobre todo por desconectar do traballo e do día a día".
"Aquí estamos de marabilla".
Os balnearios xa teñen posta a mente na ponte de decembro, cando volverán encher os establecementos.