Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os balnearios galegos confían no outono, prevén altas cifras de ocupación

Os balnearios galegos confían no outono, prevén altas cifras de ocupación

Nos meses de verán o turismo termal mantívose entre o 65 e o 75 por cento de media

Nos Balnearios do Grupo Caldaria en Ourense, en Laias, Lobios e Arnoia, moitos días de verán colgaron o cartel de completo

Rueda recalca o papel referente de Galicia no turismo termal

G24.gal 02/09/2022 14:00

Boa ocupación houbo este verán nos balnearios galegos, que recuperaron cifras próximas ás que había antes da pandemia.

Galicia, unha das comunidades autónomas con máis oferta termal, contou este verán con moitos visitantes que escolleron a alternativa da saúde e do descanso en plena natureza.

A ocupación rozou o 75 por cento nos balnearios galegos. Este turismo recupérase pouco a pouco da pandemia. No balneario de Laias, a ocupación este verán foi do 65 por cento e chegou en días concretos e en fins de semana a colgar o cartel de completo.

Un turismo de saúde que gaña adeptos e que comeza a partir de agora a temporada alta.

As previsións son máis optimistas con vistas ao outono, unha época tradicionalmente boa para o turismo de balnearios, coas viaxes do Imserso e o turismo social. Os turistas xa comezan a reservar.

Os vinte balnearios que forman parte da asociación galega ofertan 2.500 prazas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade