Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os bombeiros rescatan unha muller que caeu nun pozo en Vigo

Os bombeiros rescatan unha muller que caeu nun pozo en Vigo

G24.gal 12/06/2024 14:44

Os bombeiros de Vigo rescataron unha muller que caeu nun pozo con auga, situado no interior dunha nave abandonada. Os primeiros datos da investigación apuntan que a muller residía nese edificio con outras persoas sen fogar.  

Supostamente caeu de xeito accidental no buraco, duns 5 metros de profundidade. Foi un traballador municipal que estaba na zona quen avisou os servizos de emerxencias. Cando chegaron ao lugar, a muller mantíñase agarrada a un poste, coa auga ao pescozo. Tras sacala do pozo, foi trasladada a un centro sanitario con feridas de diversa consideración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade