Os camaróns e as nécoras galegas, polas nubes
Os camaróns e as nécoras galegas, polas nubes
Ata 200 euros por quilo de camarón e 90 polo de nécora na praza de Pontevedra
A escaseza de capturas disparou os prezos
Se teñen antollo de nécora ou camarón galego, vaian rascando o peto. Os prezos están polas nubes, porque case non hai produto para ofertar.
"Este non hai nin camarón nin nécora de aquí, o pouco que chega sae carísimo"; "O quilo de nécora galega de tamaño grande pode chegar os 90 euros co IVE"; "Por menos de 200 euros non tes un quilo de camarón galego grande"; "Algúns pescadores falan de que está cambiando o plancto e outros da alta temperatura da auga, non sei o motivo, pero non hai", comentan os praceiros no mercado de Pontevedra.
Se optan polo peixe atoparán algunhas subas, sobre todo nos da gama alta. A forte demanda dos restaurantes no verán tira dos prezos.
"O linguado está sobre 40, estaba sobre 30, é o que máis subiu xunto co rodaballo", explica unha praceira.
Con maior ou menor presuposto, veciños, veraneantes e turistas ateigan estes días as prazas na procura de produto fresco e de calidade.
"Veño na busca de percebes, zamburiñas e ameixas"; "O que máis me gusta é o mexillón e a ameixa", din algúns visitantes.
Destacan que a oferta é variada e sempre hai opcións deliciosas e accesibles. Por exemplo xoubas, chinchos ou mexillóns, verdadeiros 'top vendas' do verán.