Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os clientes poderán aprazar o pago da compra sen pagar xuros

Os clientes poderán aprazar o pago da compra sen pagar xuros

É un proxecto desenvolvido por máis dunha ducia de entidades bancarias e caixas rurais, entre elas, Abanca

O recargo polo aprazamento recaerá sobre os negocios

G24.gal 04/11/2022 14:29 Última actualización 04/11/2022 14:47

Os bancos traballan nun novo sistema de pagos con tarxeta que permita aprazar os pagos das compras nos comercios sen ter que pagar xuros. É un proxecto desenvolvido da man de máis dunha ducia de entidades bancarias e caixas rurais, entre eles Abanca, que buscan facilitar os pagos a prazos e sen intereses aos clientes.

O recargo polo aprazamento recaerá sobre os negocios. Os comerciantes recoñecen que con comisións razoables, pódelles compensar asumir os xuros. "Hai que ver a porcentaxe que cobran pero compensan. "É mellor ter o 90 % de 100 euros que o 100 % de nada. Facilitas que o cliente que poida pagar ese ben que necesita en 12 meses e seríamos os comerciantes os que asumiríamos o custo do credito", explica Enrique Núñez Garrrido, Secretario Xeral da Federación de Comercio de Pontevedra.

"É unha boa medida que vai fomentar as vendas no pequeno comercio. Queremos axudar o cliente na venda, aínda que teñamos que pagar os xuros", reflexiona Iván Iglesias Domínguez, Presidente da Federación de Comercio de Pontevedra.

Os bancos traballan aínda neste proxecto que está en fase inicial. Funcionaría con independencia de quen sexa o emisor da tarxeta do cliente e podería aplicarse tanto no comercio tradicional como na venda en liña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade