Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os comuneiros de Teis denuncian cortas masivas no monte

Os comuneiros de Teis denuncian cortas masivas no monte

O estado en que atoparon o monte na Madroa din que nada ten que ver con tarefas de mantemento

Explican que a empresa contratada por Naturgy  fixo unha corta indiscriminada e non unha poda controladas

Os comuneiros puxeron os feitos en coñecemento de Medio Rural e non desbotan acudir aos xulgados

G24.gal 09/06/2022 14:25

Os comuneiros de Teis téñeno claro. O estado en que atoparon o monte nesta zona da Madroa nada ten que ver con tarefas de mantemento. A empresa contratada por Naturgy non fixo podas controladas en altura senón unha unha corta indiscriminada que levou por diante as especies autóctonas que impiden o crecemento das invasoras. 

Din que estas actuacións botan por terra o traballo de anos, provocan perdas e convértense nun perigo en caso de incendios. 

Non é a primeira vez que ocorre, por iso os comuneiros que xa puxeron en coñecemento do Medio Rural os feitos non desbotan acudir aos xulgados. As conversas coa compañía eléctrica están rotas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade