Os concellos da área da Coruña piden un uso prudente da auga
Os concellos da área da Coruña piden un uso prudente da auga
A Coruña prohibe o lavado de coches e establece limitacións para usos non prioritarios
Oleiros deixa sen auga as duchas dos areais
O encoro de Cecebre apenas supera o 60 % de ocupación
O encoro de Cecebre apenas está ao 60 % da súa capacidade. É o nivel máis baixo da última década. Unha situación que levou á Xunta a decretar a alerta por seca prolongada. A presa abastece a cidade da Coruña e sete concellos máis da comarca. Todos recomendan limitar o consumo e facer un uso responsable da auga. Algúns comezaron a aplicar restricións.
Na Coruña non está permitido lavar o coche fóra de establecementos autorizados. A chuvia nocturna refrescou os xardíns e os parques, pero os tons apardazados comezan a impoñerse fronte ao verde habitual. Débese a que o Concello limitou os regos nos espazos públicos e tamén nos privados.
Na praza das grandes celebracións deportivas, a fonte está seca, como as demais da cidade. Considérase un uso non prioritario, como a limpeza de edificios, os baldeos ou a enchedura de piscinas, actividades que o goberno local quere que se reduzan ao máximo. En Oleiros xa non é posible ducharse nas praias.
Cecebre abastece unha poboación de algo máis de catrocentas mil persoas. A subministración está asegurado polo menos ata finais de ano, pero a alerta por seca prolongada é unha chamada ao consumo responsable.