Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os concellos en prealerta buscan como reducir o consumo de auga

Os concellos en prealerta buscan como reducir o consumo de auga

Ames estuda facer cortes na traída municipal pola noite

Augas de Galicia e os concellos avaliarán esta semana os plans de abastecemento e as medidas de aforro

G24.gal 21/08/2022 14:47 Última actualización 21/08/2022 14:59

Os cortes de auga na traída municipal parece que serán unha realidade coa que convivirán os máis de 30.000 veciños do concello de Ames antes de que remate agosto. Están en prealerta por seca e o consumo medrou este verán. O concelleiro Víctor Fernández explica a situación.

"No que vai dos meses de xullo e agosto produciuse unha repunta do consumo doméstico da auga dun 3,5 por cento, e loxicamente, de persistir a situación, nas vindeiras semanas teremos que tomar algunha medida adicional. Serían cortes selectivos de auga, preferentemente pola noite para garantir a subministración. A situación é preocupante e crítica. Non temos máis que ver un pouco como vén o río Tambre de baixo, que é exemplo da situación dramática que estamos a pasar".
 

O veciños do rural con pozo de seu tamén notan a escaseza da auga, como conta Rosa.

"O noso pozo pichaba fóra, témoslle un canal e botaba fóra pero este ano nada, non chega ao nivel e non hai".

Víctor Fernández recoñece a preocupación do Concello por garantir o servizo tamén á poboación con traída propia.


"En principio se fallan os pozos queremos facer algunha subministración con algún tipo de cisterna". 

Na xuntanza con Augas de Galicia nos vindeiros días avaliarán os plans de abastecemento e as posibles medidas de aforro. En Ames avanzan na remunicipalización do servizo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade