Os concellos que beben do Tambre descartan cortes de auga polo momento
Os concellos que beben do Tambre descartan cortes de auga polo momento
Despois dunha xuntanza con Augas de Galicia, a situación non require máis restricións
O río Grande de Terra de Soneira na provincia da Coruña será o seguinte en ser avaliado
Os concellos da área de Santiago e arredores manteñen a situación de alerta previa pola seca. Descartan calquera tipo de restrición da subministración de auga polo momento.
Vinte e un concellos que se nutren das augas do río Tambre ou os seus afluentes reuníronse esta mañá con Augas de Galicia para poñer en común a situación da captación de auga de cada un deles e coordinalo todo para unha mellor repartición dos recursos, como así nos dixo hoxe Gonzalo Mosqueira, xerente do organismo da Xunta.
Dende o Concello de Santiago por exemplo Mila Castro, concelleira de Medio Ambiente, confirmounos que polo de agora, aínda que non chova, a subministración aguantaría sen cortes catro semanas máis.
A primeira medida, se non chove ata daquela, sería a de reducir a presión da traída e comezaría de verdade a preocupación polo abastecemento de auga a Santiago e comarca.