Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os condenados por abusar da nena de Baleira deben entrar xa en prisión

Os condenados por abusar da nena de Baleira deben entrar xa en prisión

Os tres familiares foron condenados a 3 anos de prisión por abusar da pequena desde o 7 aos 12 anos, cando quedou embarazada

Dous deles xa recibiron este mércoes a notificación para entrar no cárcere

G24.gal 12/04/2023 12:05 Última actualización 12/04/2023 23:13

 Os condenados por abusar dunha nena en Baleira (Lugo) deben ingresar en prisión xa.

A Audiencia Provincial de Lugo emitiu o pasado 23 de marzo un decreto no que se lles require a súa entrada no cárcere.

O prazo dado é de 10 días e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou este mércores de que o xulgado de paz de Baleira así o notificou nesta xornada a dous dos condenados que residen alí, mentres que non se sabe se xa o fixo o de paz de Castro de Rei, municipio onde reside o terceiro.

A sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, relata o calvario ao que foi sometida a nena entre os 7 e os 13 anos como consecuencia dos abusos do esposo e o cuñado da súa irmá, coa conivencia desta última.

Os maxistrados consideran probado que a irmá lle insistiu á nena ata chegar "a convencela" para que mantivese relacións sexuais co seu cuñado, algo que sucedeu cando tiña "7 ou 8 anos de idade".

Segundo a sentenza, o procesado valeuse da "convivencia familiar" e de que frecuentaba o seu domicilio "para dobregar á menor aos seus requirimentos sexuais", de modo que mantivo relacións con ela "dunha maneira periódica e habitual" ata que "tivo 13 anos de idade".

Cando a nena quedou embarazada, tamén comezou a abusar dela o seu marido.

Aos 13 anos deu a luz un bebé.

En virtude dun acordo ao que chegaron defensa e acusación, con atención a atenuantes como dilacións indebidas no procedemento, a Audiencia Provincial condenou a tres anos de prisión a cada un dos acusados, aínda que inicialmente a Fiscalía pedía para eles once anos de cárcere. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade