Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os delitos medraron un 17,5% en Galicia en 2022

Os delitos medraron un 17,5% en Galicia en 2022

A provincia de Pontevedra foi onde máis medrou a taxa de criminalidade

Por cidades A Coruña é a que rexistra un incremento de delitos máis elevado

G24.gal 17/02/2023 15:58

Preocupa o aumento da delincuencia en Galicia. Durante o 2022 os delitos medraron un 17,5 por cento con respecto ao ano anterior, reflícteno os datos facilitados polo Ministerio do Interior. A provincia de Pontevedra foi onde máis medrou a taxa de criminalidade, aínda que por cidades A Coruña é a que rexistra un incremento de delitos máis elevado.

Do ano 2021 ao ano pasado a taxa de criminalidade incrementouse de media un dezasete e medio en Galicia. Pontevedra é a provincia coa suba máis destacada, un 20,4 por cento. Séguelle a provincia da Coruña.

Detrás van Ourense, cun incremento de case o 17 por cento, e por último Lugo, onde a porcentaxe está por debaixo dos dous díxitos. Galegos que perciben que as súas cidades e barrios son cada vez máis inseguros.

Dende o principal sindicato policial e o partido da oposición reclaman máis medios e que se paralice a reforma da Lei de seguridade cidadá. A meirande parte dos delitos recollidos no informe ministerial son de carácter leve. Pero ben é certo que tamén se reflicte un incremento preocupante da cifra dos intentos de homicidio, e duplicáronse os delitos por tráfico de drogas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade