Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os dermatólogos advirten contra o denominado 'calo solar'

Os dermatólogos advirten contra o denominado 'calo solar'

Unha teoría pseudocientífica promove nas redes sociais as exposicións prolongadas ao sol, sen protección, para 'facer calo' na pel

 

G24.gal 03/06/2024 14:44

"Vouvos contar como facer 'calo solar': expoñerse ao sol a diario, en distintas franxas horarias e sen protección", explica unha muller en TikTok.

Ao longo da vida, todos cometemos algunha loucura á hora de tomar o sol.

"Faciamos unha mestura de vinagre, aceite e colonia, para que non cheirase a ensalada". "Sempre se esquece dar crema cada dúas horas, ou non levas...", comentan varias persoas.

Pero as sucesivas campañas sanitarias alertando do risco das queimaduras conseguiron sensibilizar a poboación.

"Sempre factor 50". "Na cara, no pescozo e ata na planta dos pés". "Porque, se non, sáenme ronchas".

Unha concienciación que volve estar en risco a raíz de mensaxes facilmente desmontables polos especialistas.

Ignacio Suárez, especialista en Dermatoloxía no CHUO: "Exposicións seguras ao sol non hai. Poñerse moreno é un mecanismo de protección que ten o noso corpo para non queimarnos. Non significa que despois te poidas poñer ao sol todo o que queiras. As zonas de pel onde nos dá o sol avellentan máis: engurras, manchas...".

Desde un avellentamento prematuro ao melanoma e o cancro de pel son as consecuencias, advirten, dunha exposición inconsciente ao sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar