Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os últimos peregrinos atravesan a Porta Santa antes do seu peche

Os últimos peregrinos atravesan a Porta Santa antes do seu peche

Tras dous anos de Xacobeo, acompañamos os últimos peregrinos que atravesaron o limiar da entrada ao templo dende a praza da Quintana

 


 

G24.gal 31/12/2022 14:56 Última actualización 31/12/2022 16:29

Os últimos peregrinos que lograron gañar o xubileu este Ano Santo foron chegando durante a mañá do sábado a Compostela. Coñecéronse no Camiño e descubriron que todos compartían un mesmo propósito.

"Quería chegar o día 31 e planifiqueino así", asegura un.

"O obxectivo era pasar o fin de ano aquí e tomar as uvas no Obradoiro", comenta outro.

"Acabar o ano así é algo moi especial para min, moi espiritual preto de Deus e pasar a Porta Santa", engade un terceiro.

Santiago pon así o colofón a un ano récord no que se entregaron máis de 400.000 compostelas. Houbo sobre todo camiñantes de orixe española, italiana e estadounidense.

Ata dentro de cinco anos ningún peregrino máis volverá atravesar a Porta Santa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade