Os empresarios desmárcanse dun acordo sobre a reforma das pensións
Os empresarios desmárcanse dun acordo sobre a reforma das pensións
Os sindicatos UXT e CCOO seguen negociando para tentar deixar pechado un pacto nas próximas horas
A patronal CEOE desmarcouse este luns dun acordo sobre a reforma de pensións mentres que os sindicatos UXT e CCOO seguirán traballando para tentar deixar pechado un pacto nas próximas horas.
A proposta é "regresiva" e "non vai contar co apoio das organizacións empresariais", dixo a directora de Relacións Laborais da patronal Rosa Santos, tras a reunión da mesa de diálogo social mantida na tarde deste luns entre patronal, sindicatos e o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
"Estamos preto de chegar a un acordo", sinalou, pola contra, o vicesecretario xeral de Política Sindical de UXT Fernando Luján, nuns termos en que tamén se expresou o secretario de Protección Social e Políticas Públicas de CCOO Carlos Bravo.