Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os encoros de España están en conxunto a menos do 38 % da súa capacidade

Os encoros de España están en conxunto a menos do 38 % da súa capacidade

Son vinte puntos por debaixo da media dos últimos dez anos

G24.gal 20/08/2022 20:43 Última actualización 20/08/2022 20:52

Brazatortas, en Cidade Real, é unha entre outras localidades afectadas polas restricións a causa da seca. A falta de chuvia, o aumento da poboación, que case se duplica no verán, e o uso recreativo da auga potable deixaron os mananciais baixo mínimos.

O Concello pediu a través dun bando que se faga un uso responsable da auga e tomou medidas.

"Cortar a auga pola noite na zona non urbana e no resto, baixar o fluxo" 

Outro exemplo das consecuencias da seca atopámolo no encoro de Rialb, en Lleida. Como está a menos do 8 % de capacidade, a central hidroeléctrica que depende das súas augas tivo que parar a produción.

Tamén en Cataluña, as autoridades víronse obrigadas a poñer freo ao "turismo de seca" que motivou a baixada das augas do encoro de Sau, en Barcelona. 

O pantano, ao 10 % de capacidade, deixou ao descuberto unha igrexa do século XI. Para evitar os atascos de días anteriores, agora hai que reservar e pagar o aparcamento con antelación e puxeron vixilancia para que os visitantes respecten o lugar e para garantir a súa seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar