Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan os desaparecidos pola DINA en ríos, barrancos e na Albufera

Buscan os desaparecidos pola DINA en ríos, barrancos e na Albufera

Os labores de limpeza e de retirada de enseres continúan en rúas, vivendas e garaxes das zonas afectadas

Entre a dor e a esperanza, a busca dos desaparecidos pola DINA non cesa

Equipos galegos de emerxencias rastrexan o río Turia na busca de desaparecidos

G24.gal 06/11/2024 14:40

Non hai tregua para os equipos de urxencias. Buscan palmo a palmo as persoas que seguen desaparecidas oito días despois da catástrofe.

"Os efectivos estanse centrando especialmente na zona do río Magro, na rambla do Poio, na desembocadura do Turia e na Albufeira", detalla unha responsable de urxencias.

Os equipos especializados da Garda Civil peitean todo este espazo natural sen esquecer os barrancos que quedaron arrasados pola forza da auga.

"Eses coches están revisados?, pregunta un mando da Policía Local.

Todo este dispositivo estase completando coas unidades caninas da Policía Nacional que buscan en sotos e garaxes. E coas brigadas de paracaidistas do exército do aire. En total máis de 17.000 efectivos de todas as administracións do Estado.

"Deixamos atrás o que os expertos chaman a fase do caos na que é moi difícil de acompasar os recursos dispoñibles coas necesidades reais. Pouco a pouco o dispositivo vaise dimensionando e xa responde ás necesidades que ten a poboación. Polo tanto as cousas van ir normalizándose", explica Óscar Puente, Ministro de Transportes.

O avance dos labores de limpeza de rúas, vivendas e negocios tamén axuda na progresiva recuperación dunha normalidade que os veciños das zonas afectadas perdían baixo a forza da auga.

As autoridades decidiron prorrogar durante 48 horas máis as limitacións á mobilidade nas zonas afectadas para facilitar o traballo dos equipos de urxencias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade