Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os equipos galegos non poden facer nada na VII Bandeira Cidade da Coruña

Os equipos galegos non poden facer nada na VII Bandeira Cidade da Coruña

Os equipos galegos, nos tres últimos, pero hai galegos nos ganadores

 

 

 

G24.gal 29/06/2024 18:02

A tarde non comezou da mellor maneira para os galegos na Bandeira da Cidade da Coruña. O Club de Remo Cabo de Cruz acadaban a sexta posición, mentres que o equipo galego de Moaña, a Sociedade Deportiva Tirán, quedou última nesta carreira, quedando a apenas uns segundos das sétimas clasificadas, o Hibaika Jamones Ancin. As campionas da VII Bandeira Cidade da Coruña foi o equipo vasco Club de Remo Olímpico Donostia Arraun Lagunak, equipo no que está a natural da Pobra, Alejandra Ríos e a de Cangas Beatriz Piñeiro.

Despois dos pobres resultados acadados polos equipos galegos na proba feminina, chegaba a quenda dos equipos galegos masculinos, o Club de Remo Cabo de Cruz e o Club de Mar Bueu. O resultado foi o mesmo, últimos e terceiros pola cola, en último lugar o C.M. Bueu e terceiro pola cola o C.R. Cabo de Cruz. Alzouse coa vitoria o Bermeo Urdaibai, o súper equipo desta tempada que loitará por romper o récord de 13 vitorias nun ano. Este equipazo conta nas súas filas con Alberto Vidal do Grove, Diego Pérez de Bueu e David Iglesias tamén do Grove.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos