Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os exames da ABAU chegan tamén ao rural para reducir desprazamentos

Os exames da ABAU chegan tamén ao rural para reducir desprazamentos

No IES Cosme López da Rúa examínanse 127 estudantes do oriente ourensán

O ambiente é máis familiar, pero non exento de nervios

G24.gal 05/06/2024 14:31

Para estaren ás nove e media da mañá no instituto Cosme López da Rúa, a moitos tocoulles madrugón.

"A miña aldea está en Castela, en Zamora. Ten metade galega e metade castelá. Castromil", explica Daniel.

Aquí están convocados os alumnos da Rúa, O Barco, Quiroga, Trives e Viana do Bolo. 127 en total.

"Non te pos tan nervioso ao ver tanta xente entrar. Estamos máis en familia", di Manuel, de Viana. "É indiferente, tanto me ten que sexamos moitos ou poucos, somos os que somos e non hai máis", pensa María, tamén de Viana.

Á parte de lidaren cos nervios, teñen que tirar de loxística.

"Non temos transporte, porque hai liña de bus, pero unha vén moi cedo e a outra tarde". "Hoxe baixamos coa irmá dunha compañeira. Se non, o pai dalgunha ou as profesoras incluso", comentan María e máis Noa, de Trives.

Pero, ante todo, poñen o foco nas vantaxes de estudar no rural.

"Non hai tantos recursos coma nun colexio grande, pero no ensino é mellor: como clases particulares", di Paula, do IES Carlos Casares de Viana.

De Trives, por exemplo, son 13 os que se veñen examinar.

Ana Ramos, profesora de Trives: "Somos coma unha pequena familia. Estamos unidos, para o bo e para o malo. Os inconvenientes: que se perden optativas, porque non hai tanto alumnado como para ter variedade de materias".

Iso si, superada a proba de acceso á universidade, non lles quedará outra que marcharen estudar fóra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade