Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os falecidos en Paiporta son xa 62, moitos atrapados en plantas baixas e garaxes

Os falecidos en Paiporta son xa 62, moitos atrapados en plantas baixas e garaxes

O que máis urxe esta xornada explicou Albalat, é todo o necesario para limpar as rúas, por exemplo pas, así como alimentos de primeira necesidade e auga embotellada, pois aínda que agora mesmo contan con auga nas fontes chega con moi pouca potencia

Veciños de Paiporta recollen auga dun punto de subministración EFE/ Biel Aliño Veciños de Paiporta recollen auga dun punto de subministración EFE/ Biel Aliño
G24.gal 01/11/2024 10:28

O último balance de falecidos pola dana en Paiporta elévase a 62 persoas, segundo indicou a EFE a súa alcaldesa, Maribel Albalat, que precisou que moitos quedaron atrapados en plantas baixas ou en garaxes.

"Moitos vivían en plantas baixas que como nunca se asolagaban non saíron e permaneceron alí; outros estaban en comercios que quedaron bloqueados por coches encaixados contra as portas, e outros foron a sacar os coches dos garaxes e xa non puideron saír", explicou.

A alcaldesa de Paiporta, localidade de 27.000 habitantes a pouco máis de 10 quilómetros de Valencia e que foi considerada como a "zona cero" da dina pola devastación que deixou ao seu paso, explicou que o Exército chegou este venres ás portas do municipio, e espera que en breve poida entrar a axudar no que necesitan.

O que máis urxe esta xornada explicou Albalat, é todo o necesario para limpar as rúas, por exemplo pas, así como alimentos de primeira necesidade e auga embotellada, pois aínda que agora mesmo contan con auga nas fontes chega con moi pouca potencia.

A alcaldesa indicou que, a pesar de que a cifra de falecidos é moi elevado, o dato confirmado de 62 persoas mortas corresponde á tarde de onte, polo que podería aumentar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade