Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os rescatadores loitan contra o reloxo en Siria e Turquía; os falecidos xa son máis de 6.000

Os rescatadores loitan contra o reloxo en Siria e Turquía; os falecidos xa son máis de 6.000

En Turquía xa se supera a cifra de 8.000 persoas rescatadas

En Siria a situación é complexa, ao non poder chegar a axuda ás zonas controladas pola oposición, e mesmo as cifras de falecidos responden a diferentes fontes

España envía a UME, bombeiros e dous buques da Armada para as tarefas de rescate

G24.gal 07/02/2023 10:50 Última actualización 07/02/2023 19:41

Polo menos 6.000 persoas morreron e outras 30.000 quedaron feridas en Turquía nos terremotos que devastaron o luns o sueste de Turquía e parte de Siria.

8.000 rescatados en Turquía

Máis de 8.000 persoas puideron ser rescatadas con vida entre os restos dos milleiros de edificios que colapsaron este luns no sueste de Turquía.

Unhas 24.000 persoas están a participar nas tarefas de rescate, aos que se están sumando equipos chegados de ducias de países.

As escenas de emoción se suceden cada vez que un destes equipos consegue recuperar con vida unha das persoas atrapadas, pero tamén saben que co paso das horas e dos días as esperanzas de poder recuperar a superviventes do sismo son cada vez menores. O tempo xoga na súa contra. 

Unhas 380.000 persoas foron reacollidas en instalacións dos Ministerios de Educación e de Deportes, segundo indicou o vicepresidente.

Cifras dispares en Siria

En Siria tanto os traballos de rescate como os de atención aos superviventes e os feridos complícase pola situación do país. Incluso as cifras de falecidos son confusas dependendo das fontes.

As provincias máis afectadas son Alepo, Latakia, Hama, as aforas de Idlib e Tartus. A provincia noroccidental de Idlib, o último bastión opositor do país, e outras partes da veciña Alepo escapan ao control de Damasco.

E esas zonas opositoras son fronteirizas con Turquía e atópanse máis preto do epicentro, polo que a diferenza no balance podería deberse á súa menor capacidade de coordinar o reconto ao non haber única autoridade gobernamental a cargo das operacións de rescate.

A axuda internacional está chegando ao país, pero non se agarda que esa cooperación chegue ás zonas dominadas pola oposición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade