Publicador de contidos
Publicador de contidos

Profesionais de farmacia reivindican a importancia do seu traballo a prol da saúde

Profesionais de farmacia reivindican a importancia do seu traballo a prol da saúde

Este 25 de setembro celébrase o día mundial deste grupo profesional, con 5.500 persoas colexiadas en Galicia

Ademais do traballo na botica, o seu labor tamén é fundamental nos hospitais e centros de saúde

G24.gal 25/09/2022 14:57 Última actualización 25/09/2022 18:31

"A farmacia, unida por un mundo máis saudable" é o lema do Día Mundial do Persoal Farmacéutico, que se celebra este domingo.

En Galicia, hai 1.400 boticas onde, ademais de dispensar medicamentos, atenden moitas das necesidades sanitarias da poboación.

No caso das persoas maiores ou doentes con enfermidades crónicas, ofrecen asesoramento e apoio para garantir a correcta administración dos fármacos.

Fóra das boticas, tamén desenvolven un traballo fundamental en hospitais e centros de saúde. En colaboración co persoal médico e de enfermería, tentan optimizar os tratamentos.

Do mesmo xeito, dispensan medicación e prestan asesoramento ás residencias sociosanitarias. Galicia conta con máis de 5.500 profesionais de farmacia con inscrición nos distintos colexios oficiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade