Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os feirantes de Ferrol néganse a abandonar a súa histórica localización no Cantón

Os feirantes de Ferrol néganse a abandonar a súa histórica localización no Cantón

Arredor de 10 familias non queren trasladarse ao Inferniño, xa que aseguran que alí non caben todos

G24.gal 18/11/2021 14:54

Os feirantes de Ferrol néganse a abandonar a súa histórica localización no Cantón como lles solicita o Concello. Aseguran que de feito tiñan permiso verbal para estar ata decembro e que quitalos a eles para poñer outro mercado non é xusto.

Arredor de 10 familias non queren trasladarse ao Inferniño xa que aseguran que alí non caben todos e ademais hai problemas de inseguridade. Propuxeron a praza de España pero o Concello non quere nin discutir esa localización.

Dende o Concello manifestaron este xoves que a súa postura é clara. Non era ata decembro senón ata setembro e tiveron o privilexio de non pagar dende que remataron as restricións por ese lugar que agora se necesita para outras actividades.

Teñen que marchar e a localización acordadada era a praza do Inferniño. Protestaron diante do Concello e para o domingo que é o último día que teñen para desaloxar din que non o van facer, mentres dende o Concello aseguran que farán cumprir as normas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade