Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os fogares destinan o aforro a amortizar a hipoteca e chegar a fin de mes

Os fogares destinan o aforro a amortizar a hipoteca e chegar a fin de mes

As renegociacións hipotecarias dispáranse aos seu nivel máis alto desde 2016, segundo o Banco de España

G24.gal 04/09/2023 14:49

A inflación dispara os prezos. Tamén o que pagamos polos préstamos bancarios e as hipotecas.

"A vivenda está moi cara. E é un problema"

As sucesivas alzas dos tipos de xuro do Banco Central Europeo disparan as cotas hipotecarias ata cifras que non se vían en anos. A media dunha hipoteca variable roza os 300 euros ao mes.

" Eu teño tipo fixo. Pero os que teñan variable, mete medo"

Ante esta situación, as familias buscan fórmulas que axuden a aliviar a factura final. Entre elas destinar o aforro a amortizar unha parte do préstamo. Os datos do Banco de España falan por si mesmos. As renegociacións hipotecarias dispáranse no primeiro trimestre ao seu nivel máis alto desde 2016. E a retirada dos depósitos bancarios por parte das familias é o máis alto dos últimos dez anos.

 "No meu caso gardo o que podo aforrar por se non podo pagar a hipoteca"

A asociación de usuarios da banca di que as medidas postas en marcha polo Goberno e entidades bancarias a finais do ano pasado non están dando resultado.

"Fíxose unha previsión con incrementos menores e a día de hoxe debería revisarse"

Novas medidas para protexer as familias.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar