Os furtos supoñen o 1 % da facturación dos comerciantes no 2022

Os sectores máis afectados son os da moda e estética

Máis do 50 % dos roubos son cometidos por bandas organizadas

G24.gal 16/11/2023 16:19

O sector do comercio perdeu máis de dous mil millóns de euros por furtos en 2022, no conxunto de España, e os furtos son un factor que os comerciantes teñen que incluír á hora de botar contas.

"Levarme, ao mellor, caixas das que están aí para empaquetar, e coller os paquetes de galletas ou as marmeladas, por alí tamén as adoitan quitar".

"Aquí en fronte leváronme tres veces o bote das propinas do mostrador". 

O sector da moda e da estética son os máis afectados. Roupa e calzado, nas primeiras posicións. Tamén os produtos de beleza, sobre todo maquillaxe e máquinas de afeitar.

"Cando lle ía pagar, estaba un agachado colléndolle as colonias, agora mesmo".

No sector da alimentación, o aceite posiciónase entre os artigos máis roubados, xunto a viños, licores, conservas e afumados.

"Veu un rapaz e, debaixo dunha cazadora de pel que traía, vinlle coller tres solombos e metelos debaixo, envasados ao baleiro". 

En máis do 50 % dos casos son cometidos por bandas organizadas, que rouban con fins lucrativos ou mesmo por encargo.

"Pois que poñan máis vixilancia e xa está".

"Con vixilantes fano igual, así que...".

Segundo o barómetro que acaba de presentar a Asociación Española de Fabricantes e Distribuidores, o furto é a causa principal da denominada 'perda descoñecida', que representa case o 1 % da facturación, uns 2.300 millóns de euros ao ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade