Os galegos Antía Jácome e Adrián Sieiro, ouro nos Europeos de Múnic de piragüismo
Os galegos Antía Jácome e Adrián Sieiro, ouro nos Europeos de Múnic de piragüismo
Trío de medallas para Galicia co ouro e a prata de Jácome e o ouro de Sieiro
A última xornada do campionato de Europa de piragüismo deixa un balance sensacional para a delegación española e, sobre todo, para a representación galega.
As dúas medallas obtívoas a moza padexeira Antía Jácome no C1 e C2 200, ouro e prata respectivamente. Ademais do ouro logrado por Adrián Sieiro no C2 500, canda o balear Joan Antonio Moreno.
A pontevedresa convértese en campioa de Europa tras un final sensacional que celebrou con ledicia no campo de regatas. Ademais, canda María Corberó, lograba horas antes a prata na proba de C2 200 nunha execución fantástica superada só pola embarcación húngara.
O padexeiro de Poio Adrián Sieiro logrou a vitoria, xunta ao balear Joan Antonio Moreno, na última xornada dos europeos. Este ouro supón o segundo consecutivo para os canoístas, tras o que conseguiron no C4 500 no mundial de Hálifax hai menos dun mes.
Dominaron a proba de comezo a fin.