Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos falecidos no naufraxio do Argos Georgia serán repatriados o luns

Os galegos falecidos no naufraxio do Argos Georgia serán repatriados o luns

Os corpos dos tres mariñeiros galegos teñen previsto ser trasladados en avión á Coruña dende Inglaterra, onde se lles realizaron as probas forenses 

EFE 14/08/2024 11:55

A repatriación dos corpos dos tres tripulantes galegos que faleceron no naufraxio do pesqueiro Argos Georgia en augas das Malvinas en xullo está prevista para o vindeiro luns pola tarde nun avión que os trasladará á Coruña, informaron a EFE os seus familiares.

O afundimento do palangreiro deixou un balance de nove falecidos, entre eles, César Acevedo, veciño de Vigo e patrón de pesca do barco; Santiago Leyenda, de Baiona e cociñeiro principal da embarcación, e Antonio Barreiro, de Noia, cuxa morte foi confirmada tras practicarlle as probas forenses.

A autopsias realizáronse en Inglaterra, concretamente no condado de Oxfordshire, onde os nove cadáveres foron trasladados o 30 de xullo desde as illas Malvinas.

Ademais, hai catro desaparecidos, entre eles, o galego Juan Antonio García Rey, 'Pichón', de Ribeira.

A finais de xullo, o Goberno das Illas Malvinas suspendeu a procura dos seus corpos tras inspeccionar a zona.

En todo caso, as autoridades de Malvinas advertían os buques que viaxasen pola área de referencia de que estivesen atentos a calquera sinal de persoas aínda desaparecidas.

Nove persoas, entre eles catro tripulantes galegos e dous observadores científicos, de Albacete e Barcelona, lograron sobrevivir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade