Cargando resultados...
Os gandeiros galegos defenden a calidade da carne que producen
Os gandeiros galegos defenden a calidade da carne que producen
Deféndense dos ataques vinculados co consumo de carne.
Din que o seu modelo de produción contribúe ao desenvolvemento sostible
G24.gal
23/02/2022 20:55
Os gandeiros galegos de vacún defenden que producen unha carne de calidade e saudable. Por iso non entenden que alguén queira impoñer unha redución do seu consumo, algo que provocaría un grave impacto no sector.
Defenden o seu modelo produtivo e din que o Goberno teno fácil para controlar os que utilicen malas prácticas.
Tamén defenden que a súa actividade axuda a fixar poboación e ao desenvolvemento sostible do medio rural galego.