Os gandeiros piden máis control do lobo e protección para as explotacións
Os gandeiros piden máis control do lobo e protección para as explotacións
Ven ben as axudas pero preferirían non ter que recorrer a elas
Estímase que en Galicia hai 90 mandas de lobos de ata oito exemplares
Eugenia comeza cada día facendo reconto dos animais que ten nos pastos. En tres meses sufriu dous ataques do lobo. Un dos seus tenreiro aínda ten dificultades para andar tras ser presa dos cánidos; "levo mes e medio facendolle as curas pero non mellora".
A serra do Xistral é unha das zonas onde se producen máis ataques de lobos, tamén onde se concentra un gran número de ganderías en extensivo. Por iso reclaman un maior control sobre este animal salvaxe.
"Queremos un equilibrio que non haxa tantos ataques e perdas, xa non é so o animal morto, o que queda ferido son moitos meses de tratamentos para sacalos para adiante", di unha gandeira.
En canto ás axudas, venas ben, pero din que preferirían non ter que recorrer a elas. "Eu prefiro ter os meus animais sans e vivos, e non ter que solicitar axudas. Que nos protexan a nós, aos gandeiros e aos que vivimos no rural, porque nós si que estamos en perigo de extinción", engade Eugenia.
A falta dun censo oficial, estimase que en Galicia hai unhas 90 mandas de lobos de ata oito exemplares cada unha.