Cargando resultados...
Os gardamariñas embarcados no Elcano regresan a Marín
Os gardamariñas embarcados no Elcano regresan a Marín
Rematan o cruceiro de instrución de seis meses por América do Sur
O barco escola da Armada pode visitarse ata o venres na escola naval
G24.gal
12/07/2023 15:10
Emoción, música e nervios na Escola Naval de Marín. Despois de medio ano dando a volta a América do Sur, os 250 tripulantes do Juan Sebastián Elcano volven abrazar as súas familias.
Setenta e catro gardamariñas aprenderon os segredos do oficio a bordo do veleiro máis emblemático da Armada. Agora tócalles descansar en terra, mentres que a súa escola flotante queda aberta ás visitas.
A piques de cumprir os 100 anos, o Elcano é un dos veleiros en activo máis antigos do mundo. Unha xoia da navegación que poden visitar de xeito libre e gratuíto ata o venres.