Os hostaleiros agardan un fin de ano de máxima afluencia
Os hostaleiros agardan un fin de ano de máxima afluencia
A maioría dos locais levan semanas coas entradas esgotadas
Desde a Federación de Discotecas e salas de festas alertan da proliferación de celebracións ilegais
Atopar unha entrada para unha festa de Noitevella a estas alturas é practicamente imposible.
Os locais de ocio nocturno colgan o cartel de completo e prepáranse para celebrar unha despedida do ano que prevén multitudinaria.
A outra cara das ganas de festa e celebración son as festas ilegais. Desde o sector prevén que estas celebracións se incrementen nun cincuenta por cento.
A maior parte destas festas clandestinas agárdanse na Coruña e Pontevedra. Piden que se incremente a vixilancia e alertan do perigo deste tipo de festas que carecen de licenza.
O sector solicita aos concellos un plan preventivo para acabar co intrusismo e a competencia desleal na principal noite de festa do ano.